Sobre nós

Asociación Semente de Monforte

Somos “A Semente de Monforte”, unha asociación que nace nos comezos do ano 2014 cando un premio da lotería de Reis deixa unha choiva de cartos na cidade. Movidos por un afán solidario, moitos dos agraciados polo premio deciden tomar a iniciativa e reverter na sociedade monfortina unha parte da sorte que recibiron.

A nosa razón de ser

O noso obxectivo é promover a solidariedade entre o pobo de Monforte de Lemos e “sementar” iniciativas que dean pulo ao desenvolvemento da nosa localidade. Para conseguilo, organizamos anualmente o noso concurso de proxectos empresariais “A Semente”, coa colaboración de organismos como o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), as tres universidades galegas, ademais de empresas patrocinadoras.

Ir ao concurso