V concurso de proxectos empresariais “Semente de Monforte”, bases da convocatoria 2018-2019

Obxectivo

A asociación “SEMENTE DE MONFORTE”, en colaboración coas empresas que se relacionan no anexo destas bases, o Concello de Monforte de Lemos, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocan o V CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE” coa finalidade de estimular as persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento empresarial establece uns premios conforme a estas bases.

BASES

Artigo 1. PARTICIPANTES

Poderá participar calquera persoa física que propoña unha idea empresarial. Poderá presentarse calquera proxecto, a excepción dos premiados en calquera das anteriores edicións do Concurso de Proxectos SEMENTE DE MONFORTE.

Artigo 2. SOLICITUDES

As persoas interesadas deberán solicitar a súa inscrición a través do sitio web: www.asemente.org

Artigo 3. DOCUMENTACIÓN

Os concursantes, presentarán as súas ideas a traves dun formulario ao efecto na web www.asemente.org, coa información detallada no ANEXO2.

Artigo 4. PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 de Outubro ao 30 de Novembro de 2018. Non se admitirá ningunha solicitude rexistrada fóra do prazo indicado.

Artigo 5. FORMA

As solicitudes e a documentación establecidas nos artigos 2 e 3 so poderán presentarse telematicamente a través da web: www.asemente.org

Artigo 6. XURADO

Estará composto por:

  • Un representante de cada unha das empresas que participan no presente concurso.
  • Un representante do Concello de Monforte de Lemos
  • Un representante de cada unha das Facultades de Economía e Empresa das Universidades de Galicia: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
  • Un representante do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
  • Dúas persoas que designe a Asociación Semente de Monforte.

Artigo 7. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE IDEAS

O xurado seleccionará aquelas ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

Artigo 8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PROXECTOS

  1. Unha vez seleccionadas as ideas, o xurado farao público o 20 de decembro de 2018, no sitio web www.asemente.org
  2. As persoas cuxas ideas sexan seleccionadas deberán entregar, entre o 1 e o 31 de xaneiro de 2019, o proxecto rematado, aportando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.asemente.org
  3. Os concursantes seleccionados deberán confirmar a súa intención de participar na fase final, en 7 días naturais dende que lles sexa comunicada a súa selección.
  4. Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará a cada un destes proxectos para a súa exposición e defensa, que se realizará no Concello de Monforte de Lemos o sábado día 16 de marzo de 2019. Ese mesmo día o xurado emitirá o seu fallo e entregaranse os premios.

Artigo 9. VALORACIÓN DE IDEAS E PROXECTOS

As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento no Concello de Monforte de Lemos terán unha consideración especial na súa valoración. O mesmo ocorrerá coas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.

Artigo 10. PREMIOS

Os premios, que estarán suxeitos á retención legal correspondente, concederanse por proxecto, con independencia do número de participantes no mesmo, e a súa contía será a seguinte:

1º premio 8.000 €
2º premio 5.000 €
3º premio 3.000 €

Conforme á lexislación vixente, será retida a porcentaxe vixente de IRPF.

Cada unha das ideas seleccionadas recibirá un diploma de participación.

Artigo 11. ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS

As persoas gañadoras e finalistas recibirán os premios e diplomas nun acto público que se celebrará o mesmo día 16 de Marzo de 2019 en Monforte de Lemos.

Artigo 12. FINANCIAMENTO DE PROXECTOS

Á marxe destas bases, as empresas que participan no concurso poderán propor financiamento para calquera dos proxectos finalistas, en cuxo caso, as condicións serán as que pacten as partes de forma privada, sen ningún compromiso para a organización do premio, se ben no caso de realizarse, a organización poderá facelo público.

Artigo 13. ACEPTACIÓN DAS BASES

A presentación ao concurso implica a plena aceptación da totalidade das súas bases e do fallo do xurado.

PARA MÁIS INFORMACIÓN pódese contactar con:
ASOCIACION SEMENTE MONFORTE no email: concurso@asemente.org

ANEXO 1: Empresas e entidades colaboradoras:

  • CONCELLO DE MONFORTE
  • INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

  • BARBOSA E HIJOS
  • BRICOKING
  • CAIXABANK
  • CT. GALEGA
  • DAVEIGA
  • DIMAGA
  • ESTRELLA GALICIA
  • GADISA
  • INVERAVANTE
  • LAGOA-BORGES HOLDING
  • NATURGY
  • PÉREZ RUMBAO
  • R CABLE
  • RECTORAL DE AMANDI

  • UNIVERSIDADE DA CORUÑA
  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • UNIVERSIDADE DE VIGO

ANEXO 2: Explicación da idea e proxecto empresarial (art. 3 das Bases da Convocatoria 2017-2018 do IV Concurso de proxectos Empresariais “Semente Monforte”)

  1. Título do proxecto (máximo 20 palabras)
  2. Descrición xeral do idea (máx. 300 palabras)
  3. Oportunidade do proxecto (máx. 150 palabras)
  4. Puntos fortes do proxecto (máx. 150 palabras)
  5. Breve descrición temporal da formulación e implantación do proxecto: fases, prazos, etc. (máximo 150 palabras).

ANEXO 3: Explicación da idea e proxecto empresarial (art. 8.2.b das Bases da Convocatoria do IV Concurso de proxectos Empresariais “Semente Monforte”)

  1. Título do proxecto (máximo 20 palabras)
  2. Descrición xeral do idea (máx. 300 palabras)
  3. Análise do contorno.
  4. Formulación da matriz DAFO (puntos débiles, ameazas, fortalezas e oportunidades).
  5. Xustificación do proxecto en función das capacidades do equipo emprendedor e das oportunidades do contorno.
  6. Explicación do xeito que se acometerá para superar as debilidades do proxecto e afrontar as ameazas do contorno.
  7. Xustificación da viabilidade comercial do proxecto
  8. Xustificación da viabilidade técnica do proxecto
  9. Descrición dos investimentos precisos e das fontes de financiamento.
  10. Obxectivos que se pretenden acadar con calendario de realización
  11. Cronograma do proxecto: horizonte anual
  12. Planificación no medio e longo prazo: horizonte cinco anos.
  13. Proxeccións financeiras (vendas, custos, investimentos, financiamento, etc.)
  14. Plan financeiro a cinco anos: contas de resultados e balances previsionais, estado previsional de recursos xerados, de necesidades netas do capital corrente, orzamento de capital e estado provisional de tesouraría.
  15. Análise da viabilidade económico-financeira do proxecto.
  16. Comentarios finais.