5º Concurso de proxectos empresariais “A Semente” de Monforte

Inscríbete! Ata o 30 de novembro

Unha idea vale máis que mil palabras

Vale exactamente 8.000 €, se a túa idea é a gañadora do 5º Concurso de Proxectos Empresariais “A Semente de Monforte”.

Pero a túa idea tamén pode valer 5.000 € ou 3.000 €, se son elixidas polo xurado como segunda ou terceira idea premiada.

1º premio 8.000 €

2º premio 5.000 €

3º premio 3.000 €

Bases

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poderá participar calquera persoa física, de calquera parte do mundo, que propoña unha idea empresarial.

COMO PODO PARTICIPAR?

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 de outubro ao 30 de novembro de 2018.

A inscrición, que é gratuíta, deberá realizarse telematicamente a través da web www.asemente.org.

HAI IDEAS CUN VALOR ENGADIDO?

As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento no Concello de Monforte de Lemos terán unha consideración especial na súa valoración.

O mesmo ocorrerá coas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.

COMO É O PROCESO DE SELECCIÓN

O 19 de decembro publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

As ideas seleccionadas disporán de prazo ata o 31 de xaneiro de 2019 para presentar o seu proxecto no formato que establecen as bases.

CANDO SE FALLA O CONCURSO?

O 16 de marzo deberán defender o seu proxecto diante do xurado que decidirá nese mesmo día as propostas gañadoras.

O fallo e a entrega de premios farase público nunha cea-gala que se celebrará en Monforte de Lemos esa mesma noite.

Bases completas

Xurado

Está formado por persoas de importantes empresas e das institucións máis relevantes de Galicia en materia empresarial. A composición é a seguinte:

  • Un representante de cada unha das empresas patrocinadoras
  • Un representante do Concello de Monforte de Lemos
  • Un representante do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica)
  • Un representante de cada unha das universidades galegas
  • Dúas persoas designadas pola asociación Semente de Monforte

Participa!

Presenta as túas mellores ideas de emprendemento no 5º Concurso de proxectos empresarias “A Semente” de Monforte e consegue o financiamento necesario para derlles pulo.

Lembra, ata o 30 de novembro!

Organiza

Semente de Monforte é unha asociación que naceu non ano 2014 cun obxectivo dobre: promover a solidariedade entre o pobo monfortino e “sementar” iniciativas empresariais que dean pulo ao desenvolvemento económico de Monforte e a súa contorna.

Patrocinan

Colaboran