SenseZ, Smartwood e Itecterm: gañadores da 5ª Edición do concurso A Semente

Concurso A Semente

SenseZ, Smartwood e Itecterm: gañadores da 5ª Edición do concurso A Semente

O pasado 16 de marzo de 2019 saía á luz a resolución cos gañadores da 5ª Edición do concurso A Semente, á que se presentaron un total de 54 propostas dunha grande diversidade de áreas, das que saíron 10 finalistas. A xornada da entrega de premios coincidiu tamén co anuncio do cambio de denominación da Semente de Monforte, que pasa a chamarse Semente da Ribeira Sacra.

Cabe lembrar que, ademais dos premios en metálico, os gañadores do concurso teñen a oportunidade de contactar con grupos empresariais co fin de poñer en práctica as súas ideas. Das múltiples propostas de interese que se achegaron, nomeáronse os seguintes gañadores:

  • 1º premio para Sense-Z: un proxecto baseado no desenvolvemento dun sistema para a detección de alérxenos nos alimentos, que obtivo a cuantía de 8.000 €.
  • 2º premio para Smartwood: unha plataforma de prestación de servizos dixitais a propietarios forestais, que obtivo a cuantía de 5.000 €.
  • 3º premio para Itecterm: un modelo de monitorización de variables sanitarias para explotacións de gando vacún, que obtivo a cuantía de 3.000 €.

NORABOA AOS PREMIADOS!

Ti tamén queres participar? Lembra que unha nova edición do concurso está a chegar!