Lista de finalistas da 5ª Edición do concurso A Semente

Lista de finalistas da 5ª Edición do concurso A Semente

Se presentaches a túa idea ao noso concurso de proxectos empresariais A Semente, seguramente leves días esperando este momento. Este ano recibimos moitas propostas interesantes cun gran potencial, polo que o xurado tivo a complicada tarefa de seleccionar os proxectos que pasarán á seguinte fase do noso certame. A continuación deixámosvos a lista definitiva de finalistas:

SEND2ME. Buzón electrónico para entrega de paquetería

Recovery Blood. Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica.

Sense(Z). Detección de alérxenos en alimentos

ENTELARTE. Tinglado creativo en torno á artesanía que convive coa cultura, a arte e o ocio.

ACIOS GLAMPING & WINE. Campamento turístico na Ribeira Sacra

Planificación de xestión circular de residuos orgánicos para revalorización enerxética e restauración de solos degradados mediante xeración de biogás.

SmartWood. App para xestión forestal

ItechTerm. Monitorización e control de variables sanitarias en gando vacún

FUNDEEN MANAGEMENT SL. Plataforma de financiación para proxectos de enerxías renovables

ARTIO. Bebida isotónica natural elaborada con auga de mar da costa atlántica galega

Parabéns a todos os seleccionados! Deberedes presentar o voso proxecto final antes do día 31 de xaneiro. Ademais, xa temos a data da defensa do proxecto ante o xurado: o 16 de marzo de 2019. Moita sorte. 🙂