5 datos que non sabías sobre as empresas galegas

5 datos que non sabías sobre as empresas galegas

Un dos momentos máis importantes á hora de poñer en práctica un proxecto é a valoración a súa rendibilidade na contorna do seu desenvolvemento. Estudos como o Informe Ardán 2017 arroxan luz sobre a situación económica e competitiva das empresas en Galicia, a situación sectorial das mesmas, entre outras cuestións de relevancia. Nós seleccionamos cinco datos sobre o sector empresarial galego que quizais non coñecías.

1. Galicia destaca enerxéticamente

Segundo os datos achegados polo estudo cunha base de datos de máis de 18.000 empresas das 90.000 presentes en Galicia, a industria enerxética galega, xunto á manufactureira son as que teñen un valor engadido bruto máis alto sobre o PIB español, cunha puntuación do 47,6 e o 53,7 respectivamente.

A estes dous sectores séguenlle o da construción, cun 34,6 e o de servizos cun 31,8.

2. Crece o número de empresas gacela

Por se non estás familiarizado co termo, as empresas gacela son aquelas que teñen un crecemento acelerado, mesmo en conxunturas de crise. O crecemento anual dunha empresa  gacela debe corresponder entre o 20 e o 25% para ser considerada como tal. Ademais, debe ser unha empresa nova cunha existencia entre 2 e 5 anos.

En Galicia obsérvase unha tendencia de crecemento no número de empresas  gacela. Fóronse duplicando en volume desde o ano 2013 ata o 2015, aínda que se recalca que aínda non se chegou a recuperar o nivel  pre-crise, no que no ano 2007 contabilizábanse 800 empresas fronte ás 343 do ano 2015.

3. O sector téxtil, menos rendible

A pesar de ser coñecidos como o lugar de nacemento da xigante Inditex, o sector téxtil galego non é o máis rendible en comparación coa media de rendibilidade en Galicia. Mentres sectores como o de loxística e transporte e o de pesca posiciónanse nos dous primeiros postos cun 9,36% e 7,86% de rendibilidade, o téxtil só reúne un 3% da rendibilidade galega, a cal ten de media unha porcentaxe do 4,21%.

4. As axencias de emprego son as que máis crecen en empregados

As axencias de emprego son as que máis creceron en empregados, valla a redundancia. Os datos do 2015 mostran que creceron un 25,56% respecto ao ano anterior. O sector de servizo a edificios e instaladores e o de fontanería e instalacións ocupan o segundo e terceiro posto respectivamente, cun 16,34 e 13,94%.

En canto aos sectores que presentan valores negativos de crecemento na empregabilidade galega, destacan a fabricación de vehículos de motor, cun -6,19% e o de depósito, almacenamento e manipulación de mercadorías, cun -2,81%.

5. Pontevedra, unha provincia empresarial

En canto á distribución territorial de empresas na comunidade galega, obsérvase no estudo que Pontevedra é a provincia con máis volume empresarial, con 6.976 empresas, un 38,26% do total. Con todo, este número representa soamente un 30,81% dos ingresos de explotación en Galicia.

O segundo posto de volume empresarial ocúpao A Coruña, con 6.897 empresas, 37,82% do total. Aínda que a cifra é superada por Pontevedra, A Coruña reúne o 56,37% dos ingresos de explotación galegos. Traducido en cifras: máis de 40 millóns de euros.

Lugo e Ourense son as provincias con menor número de compañías, cun total de 2.436 e 1.926, respectivamente.  Ourese, namentres, reúne un 0,76% máis de ingresos de explotación que Lugo.

Coñecías algún destes datos? Se tes alma de emprendedor, temos a oportunidade perfecta para ti. Participa no noso concurso e gaña ata 8.000 € para poñer en práctica o teu proxecto.

 

Inscríbete no concurso