Terras de María Castaña, vencedor da IV Edición

Terras de María Castaña, vencedor da IV Edición

O proxecto pon en valor os productos autóctonos da Ribeira Sacra.

A Asociación Semente de Monforte, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de hoxe, e despois da deliberación do xurado, ven de decidir os premios da 4ª Edición do Concurso de Proxectos Empresariais.

1º Premio: Terras de María Castaña (Produción e comercialización de productos ecolóxicos da terra) . 10.000€ . (Monforte).
2º Premio: La Florida – Innovando con miel (Produción e comercialización de productos derivados do mel). 6.000€ (Ourense).

A entrega de premios celebrouse no transcurso da cea ofrecida pola asociación a concursantes e colaboradores.