Aberto o prazo de presentación de ideas

Aberto o prazo de presentación de ideas

Dende hoxe, e ata o 30 de Novembro, podes presentar a túa idea para a 4ª Edición do Concurso de Proxectos Empresariais.

A Asociación Semente de Monforte convoca a 4ª Edición do Concurso de Proxectos Empresariais; que nas tres anteriores convocatorias, recibiu máis de 200 inscripcións, e con premios en metálico de ata 10.000€ á mellor idea. As propostas deben rexistrarse a través da web www.sementedemonforte.org.

O xurado, formado polas empresas patrocinadoras e as entidades colaboradoras, seleccionará un total de 10 finalistas, que terán que presentar un proxecto completo entre o 1 e o 31 de Xaneiro de 2018.

A presentación dos 10 finalistas ante o xurado e a entrega de premios celebrarnase o 17 de Marzo de 2018.