Root & Fish, gañadores do 1º premio do Concurso de Proxectos Empresariais

Root & Fish, gañadores do 1º premio do Concurso de Proxectos Empresariais

A iniciativa, basada na acuaponía, faise co galardón trala exposición dos 10 proxectos ante o xurado.

A Asociación Semente de Monforte, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de onte, e despois da deliberación do xurado, ven de decidir os premios da 3ª Edición do Concurso de Proxectos Empresariais.

1º Premio: Root & Fish (sistema mixto de cultivo vexetal e acuicultura). (Santiago)

2º Premio: Creación dunha granxa ecolóxica onde se elaborarán produtos lácteos e se producirán ovos e diferentes tipos de carnes. (Mañente – Pantón)

3º Premio: Withoutrees (valorización do residuo de canteras de granito e producción de sustituto de papel. (Elche)